www.secretosdesalud.es

Tomografía por Emisión de Positróns

18/12/2024@15:34:38

Investigadores do CIMUS da USC e do IDIS, liderados por Pablo Aguiar e Anxo Fernández Ferreiro, desenvolven unha metodoloxía pioneira para o deseño de fármacos destinados á Enfermidade Inflamatoria Intestinal (EII), como a colite e a enfermidade de Crohne. O estudo, publicado na revista International Journal of Pharmaceutics, utiliza tecnoloxías de imaxe molecular, como a tomografía por emisión de positróns (PET), para rastrexar en tempo real a cinética do fármaco adalimumab no corpo. Os resultados indican que a eficacia do medicamento varía segundo a vía de administración e os niveis de inflamación, suxerindo que a optimización na administración pode mellorar os tratamentos para pacientes con EII. Esta investigación representa un avance significativo na medicina personalizada para esta enfermidade que afecta ao 1% da poboación en España.

  • 1